jueves, 19 de noviembre de 2009
CELEBRADA AS 2ª XORNADAS DA AUGA DE ABEGONDO
Despois de 18 intensas horas, unha pequena maratón, clausuráronse en Abegondo as Xornadas da Auga correspondentes ao ano 2009.
Durante dous días, as 64 persoas inscritas tiveron oportunidade de coñecer, de boca dos 19 poñentes protagonistas, as últimas experiencias en participación publica activa en relación á creación dos novos Plans Hidrolóxicos de distintas demarcacións hidrográficas do Estado.
Nunha das conferencias, Roberto Arias e Belén Quinteiro expuxeron a metodoloxía que Augas de Galicia levará a cabo para probar no sistema Mero-Barcés as Mesas de Cuenca, como xeito de implicar aos usuarios da auga na toma de decisións relacionadas coa xestión hídrica, dentro do marco Aqua-Plann. Os resultados desta iniciativa de participación pública a pequena escala serán contrastados cos que se obteñan das Mesas Territoriais, organizadas para á aprobación do novo Plan hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. En caso de éxito, podería pensarse en estender esta experiencia a outros sistemas de explotación desta Demarcación nas sucesivas revisións do Plan Hidrolóxico.
Tamén anunciouse que para a organización da Mesa de Cuenca Mero-Barcés, poderá contarse coa axuda do Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos, como xestor social. A idea proposta é aproveitar os anos de traballo dos GDR galegos na dinamización de asociacións cidadáns, industrias, agro gandeiras, culturais e deportivas.
Por último, os asistentes descubriron diversas formas de posta en valor do patrimonio medio ambiental en medios acuáticos, tanto a través do deseño de programas de política local como aproveitando as inercias de programas europeos da sona do Life+.
martes, 13 de octubre de 2009
28-29 outubro "Xornadas da Auga de Abegondo"
Os vindeiros 28 e 29 de Outubro terá lugar na AULA MULTIMEDIA da CASA DO CONCELLO DE ABEGONDO as Xornadas da Auga.
O MÉRCORES estará dedicado a "DIRECTIVA MARCO DA AUGA (DMA) E PARTICIPACIÓN PÚBLICA", e contará con conferenciantes como:
·Oscar Cid Favá, Profesor de la Universitat Rovira i Virgili. Director del Camp d'Aprenentatge Delta de l'Ebre.
·Muntsa Niso Holgado, Responsable de La Unidad Singular de Participación
Agencia Catalana del Agua.
·José Álvarez Díaz, Jefe de la Oficina de Planificación Hidrológica de la Confederación Hidrológica Miño-Sil.
·Javier Fernández Pereira, Jefe del Área de Planificación Hidrológica de la Confederación Hidrológica del Duero.
Ase mesmo, Roberto Arias Sánchez, representante de Augas de Galicia para Aqua-Plann Project, explicará a metodoloxía de participación pública que se porá en práctica na bacía do Mero - Barcés.
Na xornada do XOVES coñeceremos "ESTRATEXIAS DE POSTA EN VALOR DO MEDIO A TRAVÉS DA AUGA". Xa está confirmada a asistencia de:
·Regina Polín Rodríguez, Alcaldesa del Ayuntamiento de Guitiriz
·Miquel Campos Illach, Consorci de L`Estany - Proyecto Life+ Naturaleza
·Eduardo de Miguel Beascoechea, Fundación Global Nature – Proyecto Life+ Naturaleza
·Urbano Fra Paleo, Escuela Politécnica Superior de Lugo.
O programa está dispoñible en http://gdr29.blogspot.com
Para asistir é necesario apuntarse antes do 25 de outrubro en: formación@ceida.org. A entrada é libre pero con plazas limitadas.

martes, 29 de septiembre de 2009
Actividades de participación pública
O pasado mércores 23 de setembro tivo lugar no salón de actos do CEIDA (Oleiros) a primeira reunión da Mesa do Medio Ambiente da Asociación “Mariñas – Betanzos”.
Nesta xuntanza se informou a todos os asistentes das distintas iniciativas que se están a desenvolver no territorio:
- Grupo de Desarrollo Rural GDR Mariñas-Betanzos, que xestiona para o territorio os fondos do Programa LEADER 2007-2013.
- Grupo de Acción Costeira Nº2 “Golfo Ártabro”, que colabora na xestión das Liñas de axuda do Fondo Europeo de Pesca.
- O proxecto Mandeo, "o río como eixo dinamizador".
- O proxecto LIFE+ “Aqua-Plann Project”.
O principal motivo desta exposición conxunta é sentar as bases dos sistemas de participación pública medio ambiental. Así, nos vindeiros días, os técnicos responsables destes catro programas, estableceran unha metodoloxía de actuación conxunta que posibilite a implicación activa da cidadanía.
domingo, 20 de septiembre de 2009
MESA DA AUGA
O próximo mércores 23 DE SETEMBRO DE 2009 ás 19:00 HORAS NO CASTELO DE SANTA CRUZ (Sede do CEIDA) terá lugar a MESA SECTORIAL DO MEDIO AMBIENTE ADR "MARIÑAS- BETANZOS" na que se tentará sentar as bases para a creación da Mesa da Auga do proxecto AQUA-PLANN.
FORTE IMPULSO AO PROXECTO AQUA-PLANN
O pasado mércores día 16/09/2009, cunha aula da natureza chea, os conselleiros de Medio Ambiente e Medio Rural, a presidenta de Augas de Galicia, o alcalde de Abegondo, e o director xeral de Emalcsa, asinaron entre aplausos, o convenio de colaboración entre socios de ‘Aqua Plann Project’. Este acto, cuberto polos principais medios de comunicación galegos, dá idea da grande implicación dos socios beneficiarios e do interese que está a espertar entre a opinión pública.
A sinatura deste documento asegura o financiamento necesario para levar a cabo as accións do proxecto e compromete ao Concello de Abegondo, Augas de Galicia, Consellería do Medio Rural e Emalcsa a poñer todos os medios necesarios para acadar as metas definidas na candidatura aprobada pola Comisión Europea.
lunes, 14 de septiembre de 2009
ACTO DE SINATURA DO CONVENIO AQUA-PLANN
O próximo mércores día 16/09/09 ás 12:30, celebrarase a firma do Convenio de Colaboración entre os socios beneficiarios do proxecto Aqua-Plann.
Ao acto, que terá lugar na Aula da Natureza de Crendes, asistirán, entre outras personalidades, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas", o Conselleiro do Medio Rural, a Presidenta de Augas de Galicia e EPOSH, o Director Xeral de EMALCSA e o Alcalde de o concello de Abegondo.
VISITA "REED BEDS" UK
O obxecto da viaxe a Inglaterra era coñecer sobre o terreo exemplos de aplicación de humedais como sistemas de depuración de augas residuais.
Os humedais son sistemas de depuración naturais que destacan por baixos custos de instalación e mantemento e unha boa integración no medio rural. Están especialmente indicados para o tratamento de residuos urbanos en pequenos núcleos de poboación. Estas razóns fan que sexan unha solución de interese para o rural Galego.
Coñecidos no Reino Unido como reed beds -literalmente camas de xuncos-, tratan de reproducir de forma controlada os procesos de depuración existentes en sistemas naturais como as brañas ou xunqueiras.
Así, nesta visita a Inglaterra púidose comprobar a súa aplicación en distintos ámbitos:
-Tratamento de lixiviacións procedentes do selado dun vertedoiro,
-Depuración de augas de urbanas en dous núcleos rurais de 700 e 2.000 habitantes situados na campiña das Midlands inglesas.
-Tratamento de residuos en xardíns e parques naturais e encoros, como o de Pitsford, próximo a Northampton, con algunha similitude ao proxecto que se intenta desenvolver.
O traballo realizado foi produtivo e comprobouse que a utilización desta tecnoloxía pode ser de aplicación en Galicia, como se intentará demostrar na planta piloto que se instalará nas inmediacións do encoro con motivo do proxecto Aqua-Plann.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)