martes, 29 de septiembre de 2009
Actividades de participación pública
O pasado mércores 23 de setembro tivo lugar no salón de actos do CEIDA (Oleiros) a primeira reunión da Mesa do Medio Ambiente da Asociación “Mariñas – Betanzos”.
Nesta xuntanza se informou a todos os asistentes das distintas iniciativas que se están a desenvolver no territorio:
- Grupo de Desarrollo Rural GDR Mariñas-Betanzos, que xestiona para o territorio os fondos do Programa LEADER 2007-2013.
- Grupo de Acción Costeira Nº2 “Golfo Ártabro”, que colabora na xestión das Liñas de axuda do Fondo Europeo de Pesca.
- O proxecto Mandeo, "o río como eixo dinamizador".
- O proxecto LIFE+ “Aqua-Plann Project”.
O principal motivo desta exposición conxunta é sentar as bases dos sistemas de participación pública medio ambiental. Así, nos vindeiros días, os técnicos responsables destes catro programas, estableceran unha metodoloxía de actuación conxunta que posibilite a implicación activa da cidadanía.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario