lunes, 14 de septiembre de 2009
VISITA "REED BEDS" UK
O obxecto da viaxe a Inglaterra era coñecer sobre o terreo exemplos de aplicación de humedais como sistemas de depuración de augas residuais.
Os humedais son sistemas de depuración naturais que destacan por baixos custos de instalación e mantemento e unha boa integración no medio rural. Están especialmente indicados para o tratamento de residuos urbanos en pequenos núcleos de poboación. Estas razóns fan que sexan unha solución de interese para o rural Galego.
Coñecidos no Reino Unido como reed beds -literalmente camas de xuncos-, tratan de reproducir de forma controlada os procesos de depuración existentes en sistemas naturais como as brañas ou xunqueiras.
Así, nesta visita a Inglaterra púidose comprobar a súa aplicación en distintos ámbitos:
-Tratamento de lixiviacións procedentes do selado dun vertedoiro,
-Depuración de augas de urbanas en dous núcleos rurais de 700 e 2.000 habitantes situados na campiña das Midlands inglesas.
-Tratamento de residuos en xardíns e parques naturais e encoros, como o de Pitsford, próximo a Northampton, con algunha similitude ao proxecto que se intenta desenvolver.
O traballo realizado foi produtivo e comprobouse que a utilización desta tecnoloxía pode ser de aplicación en Galicia, como se intentará demostrar na planta piloto que se instalará nas inmediacións do encoro con motivo do proxecto Aqua-Plann.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario