domingo, 20 de septiembre de 2009

FORTE IMPULSO AO PROXECTO AQUA-PLANN


O pasado mércores día 16/09/2009, cunha aula da natureza chea, os conselleiros de Medio Ambiente e Medio Rural, a presidenta de Augas de Galicia, o alcalde de Abegondo, e o director xeral de Emalcsa, asinaron entre aplausos, o convenio de colaboración entre socios de ‘Aqua Plann Project’. Este acto, cuberto polos principais medios de comunicación galegos, dá idea da grande implicación dos socios beneficiarios e do interese que está a espertar entre a opinión pública.

A sinatura deste documento asegura o financiamento necesario para levar a cabo as accións do proxecto e compromete ao Concello de Abegondo, Augas de Galicia, Consellería do Medio Rural e Emalcsa a poñer todos os medios necesarios para acadar as metas definidas na candidatura aprobada pola Comisión Europea.

No hay comentarios: