jueves, 19 de noviembre de 2009

CELEBRADA AS 2ª XORNADAS DA AUGA DE ABEGONDO


Despois de 18 intensas horas, unha pequena maratón, clausuráronse en Abegondo as Xornadas da Auga correspondentes ao ano 2009.
Durante dous días, as 64 persoas inscritas tiveron oportunidade de coñecer, de boca dos 19 poñentes protagonistas, as últimas experiencias en participación publica activa en relación á creación dos novos Plans Hidrolóxicos de distintas demarcacións hidrográficas do Estado.
Nunha das conferencias, Roberto Arias e Belén Quinteiro expuxeron a metodoloxía que Augas de Galicia levará a cabo para probar no sistema Mero-Barcés as Mesas de Cuenca, como xeito de implicar aos usuarios da auga na toma de decisións relacionadas coa xestión hídrica, dentro do marco Aqua-Plann. Os resultados desta iniciativa de participación pública a pequena escala serán contrastados cos que se obteñan das Mesas Territoriais, organizadas para á aprobación do novo Plan hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. En caso de éxito, podería pensarse en estender esta experiencia a outros sistemas de explotación desta Demarcación nas sucesivas revisións do Plan Hidrolóxico.
Tamén anunciouse que para a organización da Mesa de Cuenca Mero-Barcés, poderá contarse coa axuda do Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos, como xestor social. A idea proposta é aproveitar os anos de traballo dos GDR galegos na dinamización de asociacións cidadáns, industrias, agro gandeiras, culturais e deportivas.
Por último, os asistentes descubriron diversas formas de posta en valor do patrimonio medio ambiental en medios acuáticos, tanto a través do deseño de programas de política local como aproveitando as inercias de programas europeos da sona do Life+.

No hay comentarios: