O día 28 de xullo do 2008, o proxecto presentado polo Concello de Abegondo: “Xestión Integrada dos Recursos Hídricos e a súa Aplicación no Planeamento Local do L.I.C. Abegondo – Cecebre, (Aqua-Plann Project)” recibiu a aprobación por parte do Comité LIFE+.
Este proxecto a desenvolver entre 2009 e 2011, permitirá afondar no desenvolvemento da Directiva Marco da Auga na comarca do Mero-Barcés, mellorando a xestión dos recursos hídricos e a súa gobernanza, trasladando todo isto a cidadanía.
O concello de Abegondo está orgulloso de asumir esta responsabilidade de futuro, que non tería chegado sen o apoio e compromiso, como socios do proxecto, de Augas de Galicia, EMALCSA e Consellería do Medio Rural.
Para máis información pódese consultar os distintos items do apartado "INFORMACIÓN XERAL DO PROGRAMA".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario